Inicio

 
 

 A Asociación

 
 

 Faite socio

 
 

 Actividades

 
 

 Sala de prensa

 
 

 Contacta

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  

 

a asociación

 

alterarte é unha nova iniciativa asociativa que nace co obxectivo de promocionar e difundir a arte galega máis actual.Con ideas renovadas alterarte aparece no panorama cultural galego como a consolidación do traballo que dende hai máis de dez anos viña realizando a asociación de artistas plásticos de Vigo.

Neste nova etapa alterarte preséntase coma un proxecto dinámico e aberto a propostas, cun concepto de arte amplo que abrangue todo tipo de tendencias e manifestacións artísticas.

A nova asociación alterarte Asociación para a Promoción da Arte Galega Actual ten como principais obxectivos os seguintes:

  • Conseguir unha promoción e difusión reais, eficaces e eficientes das creación máis actuais dos artistas galegos contemporáneos.

  • Promover unha verdadeira posta en valor do patrimonio artístico e cultural autonómico.

  • Dinamizar o ambiente cultural da comunidade autónoma pondo así en valor social o patrimonio artístico-cultural de Galicia.

  • Ofrecer ó artista un lugar de encontro que lle serva como ferramenta de formación e intercambio da actividade creadora.

  • Potenciar no artista uns hábitos que o axuden en todo o proceso posterior ó de creación. Difundir a cultura emprendedora acadando unha enteira conciencia artística nos asociados e especialmente para os novos valores da arte.

  • Organizar actos e actividades como exposicións, feiras, espectáculos e outros eventos que potencien a difusión da arte galega dentro e fora de nosas fronteiras.

  • Promover actos culturais e artísticos que potencien e difundan o Camiño de Santiago.

Para a súa consecución destes obxectivos traballaremos nas seguintes liñas de actuación:

 a.   Actividade xeral de difusión artística:

  • A asociación encargarase da organización e xestión dunha Feira de Arte Contemporáneo Galego de celebración anual que será o principal eixo vertebrador das actividades culturais do colectivo e a principal forma de dar a coñecer as últimas creacións dos asociados.
  • Exposicións temáticas atendendo por grupos ás especificidades das creacións dos diferentes asociados.
  • Exposicións monográficas cando se considere que a producción dalgún dos asociados é suficientemente relevante como para adicarlle unha mostra individual.
  • Outras exposicións que se consideren de interese para a promoción da arte galega.

 b.   Edición de material:

  • Catálogos de exposicións.
  • Catálogos de obras de artistas.
  • Boletíns informativos.
  • Actas de cursos e seminarios realizados.
  • Outros materiais relevantes para acadar os fins da asociación.

c.   Formación:

  • Impartiranse cursos a modo de conferencias, seminarios, encontros e talleres a os que se invitará a expertos no sector: artistas, galeristas, programadores culturais.
  • Convocaranse charlas e conferencias para que a xente interesada se familiarice coa arte actual.
  • Programaranse outras actividades relacionadas coa formación que se consideren de interese para dar a coñecer as creacións dos asociados.

d.   Información:

  • A asociación recopilará e ofrecerá toda a información de ámbito cultural que poida interesar ós asociados e sobre o que os propios asociados demanden: exposicións, convocatorias, premios, becas e axudas
  • Traballarase na creación de redes de intercambio entre a asociación e as institucións, outras asociacións, salas de exposición e profesionais do sector para que os artistas asociados poidan difundir mellor a súa obra.
 
 
alterarte asociación para a promoción da arte galega

Praza da Estación s/n Of. 17 36201  Vigo

655 754 431    info@alterarte.net